![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/52/Logo_Liga_Tigo_ver._2023.png/640px-Logo_Liga_Tigo_ver._2023.png&w=640&q=50)
Primeira División de Bolivia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Primeira División de Bolivia é a categoría de máximo nivel dentro da liga profesional de fútbol que se disputa en Bolivia, organizada pola Liga del Fútbol Profesional Boliviano.
![]() ![]() | |
Tipo | liga deportiva ![]() |
---|---|
Deporte | fútbol ![]() |
Organizador | Federación Boliviana de Fútbol ![]() |
Liga inferior | Liga Nacional B (en) ![]() ![]() |
Número de participantes | 16 ![]() |
Localización e Datas | |
País | Bolivia ![]() |
Vixencia | 1950 – ![]() |
Outro | |
Páxina web oficial | fbf.com.bo… ![]() |
O torneo actual naceu en 1977, sucedendo á Copa Simón Bolivar (1960-1976) e ó Campionato Nacional (1950-1959). Actualmente considéranse o mesmo campionato profesional, mais con distintos nomes e formatos. Dende o ano 2003 ata o ano 2010 disputáronse cada tempada dous torneos, Apertura e Clausura, de xeito que cada ano había dous equipos campións. Non obstante a tempada 2011/12 está formada por 3 torneos (Adecuación, Apertura e Clausura), con distintos formatos cada ún, xa que a liga estase adaptando ó calendario europeo, para que as tempadas rematen antes do verán.
O club máis laureado na historia do campionato é o Fútbol Club Bolívar da Paz (23 títulos), seguido do Club Jorge Wilstermann de Cochabamba (12 títulos) e do Club The Strongest da Paz (11 títulos). Mais lonxe están o Club Blooming e o Oriente Petrolero da cidade de Santa Cruz de la Sierra con 5 títulos cada un. O primeiro campión foi o propio Fútbol Club Bolívar, mentres que o campión actual é o Club The Strongest.
Esta liga pode ser considerada unha das dúas menos competitivas de Suramérica, coa liga venezolana, pois nunca un equipo destas dúas ligas chegou a unha final da Copa Libertadores entre 1960 e 2011.