Ligamento anterior do cóbado
From Wikipedia, the free encyclopedia
O ligamento anterior do cóbado é un ligamento do membro superior humano, pertencente ao cóbado. Cobre a superficie anterior da articulación. Insírese no epicóndilo medial umeral, na fosa coronoide e na fosa radial para dirixirse cara a superficie anterior da apófise coronoide cubital, onde se insire. Tamén emite febras cara ao ligamento anular do cóbado. A parte anterior do ligamento está en contacto co músculo braquial anterior.