Lingüística
estudo científico da linguaxe humana / From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingüística é o estudo científico[1][2] tanto da estrutura das linguas naturais[3][4] como do coñecemento que os falantes posúen delas.
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde outubro de 2015) |
O eido da lingüística pode dividirse, na práctica, en termos de tres dicotomías: lingüística sincrónica versus lingüística diacrónica, lingüística teórica versus lingüística aplicada, microlingüística versus macrolingüística. Unha descrición sincrónica dunha lingua describe a lingua tal e como é nun determinado intre; unha descrición diacrónica ocúpase do desenvolvemento histórico desa lingua e dos cambios estruturais que tiveron lugar nela. Aínda que nos seus inicios científicos da lingüística do século XIX interesouse ante todo no cambio lingüístico e a evolución das linguas ao longo do tempo, o enfoque moderno céntrase en explicar como funcionan as linguas nun punto dado no tempo e como os falantes son capaces de entendelas e procesalas mentalmente.
Os termos microlingüística e macrolingüística aínda non están ben establecidos. O primeiro refírese a un máis estreito e o segundo a un máis amplo punto de vista no eido da lingüística. Dende o punto de vista microlingüístico, as linguas deben analizarse por proveito propio e sen referencia á súa función social, nin ao xeito no que son adquiridas polos cativos, nin aos mecanismos psicolóxicos que subxacen á produción e á recepción do fala, nin á función estética ou comunicativa da linguaxe etc. En contraste, a macrolinguística abrangue todos estes aspectos da lingua. Varias áreas da macrolingüística tiveron un recoñecemento terminolóxico por exemplo a psicolingüística, a sociolingüística, a lingüística antropolóxica, a dialectoloxía, a lingüística matemática, a lingüística computacional e maila estilística.