Lingua éuscara
lingua do pobo vasco / From Wikipedia, the free encyclopedia
O éuscaro[3] ou vasco[4] (euskara en éuscaro) é a lingua tradicional do pobo vasco. Na actualidade fálase no territorio coñecido como Euskal Herria. Comprende Euskadi e o norte de Navarra (que conforman Hegoalde) e as rexións de Baixa Navarra/Nafarroa Beherea, Lapurdi e Zuberoa, no departamento francés de Pireneos Atlánticos (o que é coñecido como Iparralde. Constitúe unha lingua illada, arrodeada por linguas de orixe indoeuropea.
Éuscaro Euskara | |||||
---|---|---|---|---|---|
Outros nomes: | Vasco | ||||
Falado en: | España e Francia | ||||
Rexións: | País Vasco Navarra Iparralde (Francia) | ||||
Total de falantes: | 1 033 900 (2011) Lingua materna: 714 136[1] | ||||
Posición: | Non está entre as 100 máis faladas. | ||||
Familia: | Lingua illada Éuscaro | ||||
Estatuto oficial | |||||
Lingua oficial de: | Euskadi e Navarra (España). | ||||
Regulado por: | Euskaltzaindia | ||||
Códigos de lingua | |||||
ISO 639-1: | eu | ||||
ISO 639-2: | baq (B) | eus (T) | |||
ISO 639-3: | eus
| ||||
SIL: | BSQ
| ||||
Mapa | |||||
Áreas dialectais esquemáticas do éuscaro. Os dialectos de cores claras están extinguidos. Porcentaxe de falantes, incluídos os falantes como segunda lingua.
| |||||
Status | |||||
O éuscaro é unha lingua aglutinante. Algunhas teorías considérano unha lingua probablemente oriúnda dos primeiros pobos que migraron cara a Europa. Outras, a través de comparacións, emparéntanno con linguas ata hoxe faladas no Cáucaso. De calquera forma, é unha lingua falada ou comprendida por polo menos 800.000 persoas, e falada dende moito antes de que se introducise a lingua latina na Península Ibérica.
Por non ter linguas parentes coñecidas, creáronse sobre o éuscaro un gran número de ideas sen base lingüística sólida, como que se trata da lingua máis complexa do mundo ou que os verbos só teñen voz pasiva. A súa estrutura sentencial é practicamente idéntica á do turco ou do xaponés. A súa morfoloxía porén, é pouco común en Europa, mais poden atoparse sistemas morfolóxicos semellantes en linguas doutros continentes.
Hoxe, o vasco está presente en nomes de empresas, institucións, actores políticos e sociais, así como etiquetas e sinais, na zona delimitada por Euskadi, Navarra e Iparralde.