Aranés
From Wikipedia, the free encyclopedia
O aranés é o nome que se lle dá ao occitano no Val de Arán.[1] Constitúe unha variedade do dialecto gascón da lingua occitana chamado gascón pirenaico, falada no Val de Arán, no noroeste de Cataluña. Desde 2006 é unha das tres linguas oficiais desta comunidade autónoma alén do catalán e do castelán.
Aranés Aranés | ||
---|---|---|
Falado en: | España | |
Rexións: | Val de Arán | |
Total de falantes: | 2.765 (censo 2001) | |
Familia: | Indoeuropea Linguas itálicas Linguas romances Linguas occitanorromances Occitano Aranés | |
Regulado por: | Consello Xeral de Arán (Conselh Generau d'Aran) | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | oc | |
ISO 639-2: | oci (B), oci (T) | |
ISO 639-3: | oci
| |
SIL: | OCI
| |
Mapa | ||
Status | ||
Considerada unha vez como "lingua en perigo" e falada maioritariamente por xente maior, está agora a experimentar un rexurdimento, sendo ensinada dende o 1984 nas escolas e gozando dun status de cooficialidade na Comunidade Autónoma de Cataluña.
Preto do 90% dos habitantes do Val de Arán pódena entender, e un 65% poden falala. Grazas ao seu status de cooficialidade, e malia ter só uns 5.000 falantes, converteuse nunha referencia dentro do reivindicativo mundo occitano. No ano 2006 saíu á luz unha Gramática aranesa e no 2007 foi publicado un dicionario Aranés-Inglés/Inglés-Aranés.