Lingua celtibérica
lingua celta paleohispánica falada no centro da Península ibérica / From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingua celtibera é unha lingua celta paleohispánica falada no centro da Península ibérica ata polo menos o século I da nosa era nas actuais provincias españolas de Zaragoza, Teruel, Soria, Burgos e Palencia polos celtiberos.
Celtibérico | ||
---|---|---|
Falado en: | Península Ibérica | |
Total de falantes: | século II ? | |
Familia: | Indoeuropea Celta Celta continental Hispanocelta Celtibérico | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | cel | |
ISO 639-3: | xce
| |
Mapa | ||
Status | ||
De entre as linguas célticas continentais, o celtibero está peor documentado có galo, pero mellor có lepóntico e o gálata. Á parte de moitas moedas inscritas, foron sobre todo os bronces de Botorrita (véxase máis adiante) os que posibilitaron a reconstrución da lingua. Ademais, como en todas as linguas paleohispánicas, existen outras pequenas inscricións e abundantes teónimos, antropónimos e topónimos.
Mallory (1989, p. 106) clasifica o celtibero como unha lingua "celta Q" (coma o goidélico) e non como unha lingua "celta P" (coma o galés). A diferenza baseábase na conservación ou evolución a /p/ do fonema labiovelar xordo /kw/ do indoeuropeo. Actualmente a maioría dos lingüistas refugan esta clasificación.
O celtibero presenta un pronome relativo ios case completamente declinado, que non se conserva en ningunha das outras linguas célticas, e as partículas kue “e”, nekue “nin”, ue “ou”. Coma no galés, existe un subxuntivo en s, gabiseti (antigo irlandés gabid), robiseti, auseti (comparar co umbro ferest).