Lingua emiliano-romañola
From Wikipedia, the free encyclopedia
O emiliano-romañolo (en emiliano-romañolo: Emiliàn e rumagnòl) ou sanmarinés é unha lingua románica do grupo galoitálico. Como ocorre co resto de linguas rexionais italianas, o emiliano-romañolo adoita ser referido como un dialecto do italiano, mais non só non provén deste senón que pertencen a familias lingüísticas distintas. Xa que logo, o emiliano-romañolo posúe morfoloxía, sintaxe e léxico de seu.
Emiliano-romañolo Emiliàn e rumagnòl | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Sanmarinés | |
Falado en: | Italia San Marino | |
Rexións: | Emilia-Romaña | |
Total de falantes: | 2 millóns | |
Posición: | Non está entre as 100 primeiras | |
Familia: | Indoeuropea Itálico Románico Italo-occidental Galoitálico Emiliano-romañolo | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | Non é oficial | |
Regulado por: | Non ten regulación oficial | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | roa | |
ISO 639-3: | ambos:egl — Emilianorgn — Romañol
| |
Mapa | ||
Status | ||
É falado na Italia noroccidental, Piacenza, Rávena, na Emilia-Romaña, Padana, sur da Lombardía (Mantua e Pavia), norte de Toscana (Lunigiana) e provincia de Pésaro, ademais de no Estado de San Marino, onde en 1993 era falado polo 83% da súa poboación (20.100 habitantes). Con todo, o número de falantes na Emilia-Romaña estímase en 3 500 000 aprox. (dato de 1987).