Lingua mozárabe
From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingua mozárabe (do árabe musta`rab مستعرب que quere dicir "arabizado") é unha lingua extinta da Península Ibérica. O mozárabe era a evolución do latín falado nas zonas da Península Ibérica que ao mesmo tempo que os diversos romances peninsulares se separaban para dar lugar ao castelán, catalán e galego-portugués, e demais, na zona baixo dominio musulmán apareceu un conxunto de falas non moi coñecidas. Non había unidade entre eles e a diferenza doutras linguas románicas escribíase con alfabeto árabe. Coñecémolos polas "kharxas" e as "muaxahas" dos poetas andalusís que usaban retrousos mozárabes e os desenvolvementos en árabe.
Mozárabe Latino / לטן / لتن | ||
---|---|---|
Falado en: | Al-Andalus | |
Extinción: | século XIII | |
Familia: | Itálica Románica Románica occidental Iberorrománica Pirenaico-mozárabe Mozárabe | |
Escrita: | alfabeto árabe, latino e hebreo | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | mxi
| |
Mapa | ||
Status | ||
O mozárabe era un romance moi conservador, pois mantiña moitas características do latín vulgar que se perderon no resto das linguas peninsulares:
- Conservación de pl-, fl- e cl- iniciais.
- Conservación de oclusivas xordas intervocálicas p, t e k.