lingua da familia maia From Wikipedia, the free encyclopedia
O qʼeqchiʼ (tamén escrito kekchi, k'ekchi' ou kekchí) é unha lingua maia falada polo pobo qʼeqchiʼ de Guatemala e Belize.
Qʼeqchiʼ | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Kekchi | |
Falado en: | Guatemala e Belize | |
Rexións: | Alta Verapaz, El Petén, Izabal, Baja Verapaz, El Quiché; Toledo | |
Total de falantes: | 800 000 (2009) | |
Familia: | Maia Quicheanano–Mameano Quicheano Qʼeqchiʼ | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Guatemala (lingua nacional[1]) | |
Regulado por: | Academia de Lenguas Mayas de Guatemala | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | kek
| |
Mapa | ||
Status | ||
A área onde viven os falantes de qʼeqchiʼ esténdese dende o norte de Guatemala até o sur de Belize. Tamén hai algunhas comunidades falantes de qʼeqchiʼ en México.
Calcúlase que a área onde se fala o qʼeqchiʼ no norte de Guatemala abrangue uns 24 662 km².[3] Os departmentos e concellos específicos onde se fala o qʼeqchiʼ en Guatemala son:[3]
Departamento | Concello |
---|---|
Alta Verapaz | Chahal, Chisec, Cobán, Fray Bartolomé de las Casas, Lanquín, Panzós, Chamelco, Carchá, Cahabón, Senahú, Tucurú |
Baja Verapaz | Purulhá |
Petén | La Libertad, Poptún, San Luis, Sayaxché |
Quiché | Ixcán, Playa Grande, Uspantán |
Izabal | El Estor, Livingston, Morales |
No país de Belize, o qʼeqchiʼ fálase no distrito de Toledo.[3] O qʼeqchiʼ é a primeira lingua de varias comunidades do distrito, e a maioría dos maias en Toledo fálano.
Terrence Kaufman describe o qʼeqchiʼ en dous grupos dialectais principais: o oriental e o occidental. O oriental inclúe as variedades faladas en Lanquín, Chahal, Chahabón e Senahú, mentres que o occidental é falado no resto de lugares.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.