From Wikipedia, the free encyclopedia
O termo linguas aborixes de Australia designa un conxunto de linguas faladas nunha extensión xeográfica determinada e non a unha familia lingüística propiamente dita, xa que se refire ó conxunto de idiomas autóctonos (arredor dunhas 200 linguas) que son faladas en Australia e pequenas illas adxacentes polos aborixes australianos e que se poden agrupar en diversas familias.
Linguas aborixes de Australia | ||
---|---|---|
Falado en: | Australia | |
Total de falantes: | 25 000 -50 000 | |
Familia: | Australiana Linguas aborixes de Australia | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
Mapa | ||
Mapa das linguas en diferentes cores que representan as distintas familias lingüísticas Linguas nyulnyulan Linguas bunaban Linguas wororan Linguas jarrakanas Linguas djamindjungan Linguas daly Lingua laragiya Lingua tiwi Linguas limilngan Lingua umbugarla Linguas giimbiyu Linguas yiwaidjan Linguas gunwingguan Linguas west barkly Lingua garrwa dentro das linguas pama-nyunganas Linguas pama-nyunganas | ||
Status | ||
Case todas estas linguas atópanse ameazadas por procesos de extinción, que se iniciaron cando o inglés comezou a imporse como idioma de comunicación xeneralizado. Para facerse unha idea do precaria que é a súa situación chega con dicir que tan só 5 ou 6 destas linguas contan con máis de 1000 falantes e que practicamente a metade non son faladas por máis de 10 ou 20 persoas. Cada ano, un número importante e crecente de linguas aborixes pasa á listaxe de linguas extintas. Segundo os datos do ano 2008, quedaban vivas 220 linguas das que 25 contaban cunha única persoa falante.
Tradicionalmente, as linguas australianas téñense clasificado nunha ducia de familias e unhas poucas linguas illadas. A familia lingüística de maior distribución é a das linguas pama-nyunganas que se estenden por case todo o territorio australiano agás no norte. Por este motivo e para facer unha clasificación máis sinxela e cómoda, o resto das linguas agrúpanse baixo o termo de linguas non pama-nyunganas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.