Linguas afroasiáticas
From Wikipedia, the free encyclopedia
As linguas afroasiáticas[1] son unha macrofamilia de linguas que consta dunhas 240 linguas faladas por uns 285 millóns de persoas distribuídas polo norte e o leste de África, o Sahel e o suroeste asiático.
Afroasiática | ||
---|---|---|
Falado en: | ||
Total de falantes: | ||
Familia: | Afroasiática Afroasiática | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | afa | |
Mapa | ||
Status | ||
Outros glotónimos cos que se coñecen ou coñeceron algunhas das linguas afriasiáticas son "camítico-semítico" (non recomendable), "hamito-semíticas" (desaprobado), "Lisramic" (Hodge 1972), "Erythraean" (Tucker, 1966). Aínda que o termo camítico-semítico (antigo) se usou nalgúns textos como sinónimo de afroasiático (moderno), ambas as agrupacións non inclúen exactamente as mesmas linguas. Concretamente, algunhas linguas consideradas previamente como camíticas non parecían emparentadas co resto, mentres que outras linguas que foran excluídas de entre as camíticas tiñan importantes parecidos coa familia. É por iso que se redefiniron por completo a familia e os seus subgrupos e déuselle un nome novo.