Linguas célticas continentais
From Wikipedia, the free encyclopedia
As linguas célticas continentais son as linguas célticas, todas extintas hoxe, que se orixinaron e se falaron no continente europeo, en oposición ás linguas célticas insulares, con orixe nas illas británicas (das que aínda hoxe se falan seis). Trátase dun agrupamento de linguas celtas en termos xeográficos e non puramente lingüísticos. Eran faladas por pobos que os cronistas romanos e gregos chamaron Keltoi, Celtae, Galli e Galatae. A súa extensión facía un arco que abranguía dende a Península Ibérica no oeste até os Balcáns e Anatolia no leste.
Célticas continentais | ||
---|---|---|
Falado en: | ||
Total de falantes: | Extintas | |
Familia: | Indoeuropea[1][2] Linguas célticas Célticas continentais | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | -- | |
ISO 639-2: | --- | |
Mapa | ||
Status | ||
Aínda que a lingua bretoa se fala na Europa continental dende aproximadamente o século VI, non está considerada unha lingua céltica continental. Trátase dunha lingua britónica estreitamente relacionada co córnico e o galés.