Linguas itálicas
From Wikipedia, the free encyclopedia
As linguas itálicas constitúen un grupo de linguas indoeuropeas cunha serie de trazos comúns. Inclúe as linguas romances (entre as que se atopan o galego, o español, o portugués, o francés, o italiano e o romanés) e a un certo número de linguas extintas, como o latín e outras linguas faladas na Antigüidade na Península Itálica.
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde febreiro de 2017) |
Aínda que se adoita considerar como unha única rama que se diversificou a partir dun estadio común ou protoitálico, posterior ao período protoindoeuropeo, algúns autores dubidan desta filiación común[1]. Todas as linguas itálicas comparten un bo número de isoglosas comúns; así, todas elas son linguas centum que non presentan palatalización das (palato)velares indoeuropeas /*k, *kw, *g, *gh, *ghw/. Curiosamente, as linguas romances si presentan unha palatalización posterior dos fonemas latinos /k, g/, aínda que só ante fonemas anteriores /ε,e,i/.