Lingüística sincrónica
From Wikipedia, the free encyclopedia
A lingüística sincrónica é o estudo da lingua no momento presente: non suxeito, xa que logo, a cambios históricos e sen atender ás razóns que motivaron que un fenómeno sexa de tal ou cal xeito. Oponse á lingüística diacrónica ou lingüística histórica: consideración da lingua no seu aspecto estático nun momento dado da súa existencia histórica.
Suxeriuse que este artigo ou apartado sexa fusionado con "Gramática descritiva" (conversa). Para realizar a fusión das páxinas segue estes pasos. |
É un termo proposto por Ferdinand de Saussure para designar un estado de lingua nun intre determinado. Ao estudar unha lingua en sincronía hai que deixar ao carón a súa historia. Na metodoloxía da investigación compárase tamén coa forma de estudo transversal.