Lisanfibios
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os lisanfibios (Lissamphibia), tamén coñecidos como anfibios modernos, son un clado de tetrápodos que, como o nome común indica, inclúe a todos os anfibios actuais, que comprenden máis de 6 000 especies.[1]
Lisanfibios (Lissamphibia) Anfibios modernos Rango fósil: Triásico inferior — actualidade | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Píntega | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Ordes | |||||||||||||
|
O grupo está conformado polos clados (ou ordes) dos ximnofións (cecilias), os caudados ou urodelos (salamátigas e tritóns), os anuros ou Salientia (ras e sapos) e o grupo extinto dos Allocaudata.
Aínda que a ascendencia de cada grupo é controvertida, todos comparten certas características comúns, entre as que se poden citar a presenza de dentes pedicelados nos que a base e a coroa están separadas por unha zona de tecido fibroso, costelas reducidas e xeralmente soldadas as apófises transversas das vértebras, perda do óso iugal, presenza no oído medio dun elemento sensorial para captar as vibracións de baixa frecuencia (papila amphibiorum), pel vascularizada como adaptación á respiración cutánea, corpos graxos asociados coas gónadas etc.[2]
Todo isto indica que evolucionaron desde un antepasado común e que, polo tanto, constitúen un clado.
A descrición dunha forma basal do Permiano demostrou que as ras e as salamántigas tiveron un antepasado común máis recente (hai uns 290 millóns de anos) do que se cría, baseándose nos resultados de análises moleculares.