![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d9/%25C3%2589douard-Henri_Avril_%25286%2529.jpg/640px-%25C3%2589douard-Henri_Avril_%25286%2529.jpg&w=640&q=50)
Literatura erótica
xénero literario / From Wikipedia, the free encyclopedia
A literatura erótica é un xénero literario no cal os textos se relacionan, directa ou indirectamente, co erotismo e o sexo. En ocasións pódese referir tamén á literatura pornográfica se as escenas sexuais son realmente moi explícitas, aínda que normalmente segue considerándose dentro do erotismo.
A pornografía é a descrición pura e simple dos praceres carnais; o erotismo é a mesma descrición revalorizada, en función dunha idea do amor ou da vida social. Todo aquilo que é erótico é necesariamente pornográfico tamén. É moito máis importante distinguir entre o erótico e o obsceno. Neste caso considérase que erotismo é todo aquilo que volve a carne desexábel, que a mostra no seu esplendor ou florecemento, inspira unha impresión de saúde, de beleza, de xogo pracenteiro; mentres que a obscenidade devalúa a carne, que así se asocia coa sucidade, as imperfeccións, os chistes escatolóxicos, as palabras sucias.Alexandrian, Historia de la literatura erótica. Barcelona: Planeta. páx. 398
![]() | A introdución deste artigo precisa dunha ampliación, redución, carece de contexto ou non fornece un resumo axeitado do artigo segundo indica o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d9/%C3%89douard-Henri_Avril_%286%29.jpg/640px-%C3%89douard-Henri_Avril_%286%29.jpg)
Dentro deste xénero poden atoparse habitualmente novelas de ficción de contido erótico, historias curtas ou contos, poesía, obras de teatro, memorias e manuais de sexo.