Loita
Forma de deporte de combate que inclúe técnicas de manexo / From Wikipedia, the free encyclopedia
A loita é unha disciplina deportiva e un deporte de combate existente dende hai milenios. Existe un enorme número de variedades. Dúas delas, ao seren disciplinas olímpicas, contan cunha especial difusión internacional: son a loita libre ou loita libre olímpica e a loita grecorromana. Ademais, a variedade de loita libre é practicada por homes e por mulleres, polo cal ao deporte feminino se lle coñece ás veces co nome independente de loita feminina.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2015.) |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Loita (homónimos).
A loita é un deporte onde cada participante intenta vencer ao seu rival sen o uso de golpes. O obxectivo consiste en gañar o combate facendo caer ao adversario ao chan e mantendo os dous ombros fixos sobre o tapiz ou gañando a puntos. Existen porén regras particulares segundo os distintos estilos.