Gobernador galego de Chile From Wikipedia, the free encyclopedia
Lope de Ulloa y Lemos, nado en Galicia cara a 1572 e finado en Concepción (Chile o 8 de decembro de 1620, foi un militar galego. Desempeñou o cargo de capitán xeneral e gobernador de Chile e foi presidente da súa Real Audiencia, designado polo vicerrei do Perú Francisco de Borja y Aragón, Príncipe de Esquilache. O seu goberno naquel destino colonial estendeuse por dous anos, entre xaneiro de 1618 e decembro de 1620, data do seu falecemento. Creuse que morreu envelenado.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1572 (Gregoriano) Galicia |
Morte | 8 de decembro de 1620 (47/48 anos) Concepción |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político , militar |
Lingua | Lingua castelá |
Carreira militar | |
Rango militar | Xeneral |
Na súa mocidade, enrolado no exército, serviu en Filipinas e en Nova España (México). En 1604, tendo uns 32 anos, pasou ó Perú como parte do séquito de vicerrei Gaspar de Zúñiga y Azevedo, conde de Monterrey. En Lima casou cunha rica herdeira e comezou a alcanzar postos máis elevados: capitán da Compañía de Gentiles Hombres da garda do vicerrei, xeneral da cabalaría, membro da xunta de guerra e prefecto dunha congregación de segrares da Compañía de Xesús.
Este último posto era politicamente relevante, pois aseguraba a súa total adhesión ó xesuíta Luis de Valdivia, que, con grande oposición dos españois de Chile, convencera a coroa de poñer en funcionamento a política coñecida como Guerra Defensiva na fronteira coa nación mapuche.
Predecesor: Fernando Talaverano Gallegos |
Gobernador de Chile 1618 - 1620 |
Sucesor: Cristóbal de la Cerda y Sotomayor . |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.