Loreen
cantante sueca / From Wikipedia, the free encyclopedia
Lorine Zineb Nora Talhaoui,[1] nada en Estocolmo o 16 de outubro de 1983, é unha cantante e produtora discográfica sueca de orixe bérber.
Datos rápidos Nome completo, Alias ...
Loreen | |
---|---|
Loreen en en febreiro de 2023. | |
Nome completo | Lorine Zineb Nora Talhaoui |
Alias | Loreen |
Data nacemento | 16 de outubro de 1983 (40 anos) |
Nado en | Estocolmo, Suecia |
Irmáns | Markiz Talhaoui |
Ocupación | Cantante |
Xénero | Pop e dance |
Instrumento(s) | Voz |
Selo(s) discográfico(s) | Warner Music Group |
Tempo en activo | 2004 - actualidade |
Pseudónimo | Loreen |
Na rede | |
http://www.loreen.se/ | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
É principalmente coñecida por representar a Suecia no Festival de Eurovisión 2012, que tivo lugar en Bakú (Acerbaixán), e por gañar dito festival coa súa canción "Euphoria" acadando un total de 372 puntos. En 2023 volveu a gañar o Festival de Eurovisión coa canción "Tattoo" con 583 puntos. É a segunda concursante [lower-alpha 1] e a primeira muller en gañar o concurso por segunda vez.[2]