Louro (pelo)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Louro[1] ou loiro[2] (do latín Laurus) é unha cor do cabelo humano que oscila entre o amarelo e o castaño claro, caracterizada por baixos niveis de pigmentos escuros (eumelanina) e altos niveis de feomelanina [3].
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Louro.
Do acastañado-claro ao louro clarísimo, os distintos graos de louro se atopan naturalmente en menos de 2% da poboación adulta de todo o mundo.
Outros termos para persoas louras son laurícomos e lauricápilos (do latín, laurus, 'o loureiro', e o grego κόμη cómê, 'cabeleira', e capilum, 'pelo'), flavícomos (de flavus, 'amarelo'), fulvícomos (de fulvius, cor de lume) e blondícomos (blundus).