Ramón Otero Pedrayo, nado en Ourense o 5 de marzo de 1888 e finado na mesma cidade o 10 de abril de 1976, foi un xeógrafo, profesor, escritor, político e intelectual galego. Membro da Xeración Nós, ingresou nas Irmandades da Fala en 1918. Foi responsable da área de xeografía do Seminario de Estudos Galegos e deputado polo Partido Galeguista nas Cortes Constituíntes republicanas. Traballou na aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1936. Fiel á causa galeguista durante a Guerra civil española, foi expedientado. Foi membro da Real Academia Galega e presidiu a Editorial Galaxia. Participou no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento. É autor dunha ampla obra narrativa, ensaística e dramática.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Ramón Otero.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Ramón Otero Pedrayo |
Biografía |
---|
Nacemento | 5 de marzo de 1888 Ourense, España |
---|
Morte | 10 de abril de 1976 (88 anos) Ourense (España)
|
---|
Lugar de sepultura | Cemiterio de San Francisco de Ourense |
---|
|
|
Deputado nas Cortes republicanas |
---|
|
|
13 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933
Circunscrición electoral: Orense (en) |
Catedrático de universidade |
---|
|
|
|
Datos persoais |
---|
País de nacionalidade | España |
---|
Relixión | católica |
---|
Educación | Universidade Central |
---|
Actividade |
---|
Lugar de traballo | Madrid |
---|
Ocupación | escritor , xeógrafo , político , catedrático |
---|
Empregador | Universidade de Santiago de Compostela |
---|
Partido político | Partido Galeguista |
---|
Membro de | |
---|
Xénero artístico | novela, ensaio, teatro, poesía |
---|
Profesores | Andrés Ovejero Bustamante, Antonio González Garbín, Marcelo Macías, Eduardo Moreno López e Eduardo de Hinojosa y Naveros |
---|
Influencias | Homero, Virxilio, Lucano, Shakespeare, Stendhal, Dickens, Tolstoi, Balzac, Verlaine, Mallarmé, Rimbaud, Joyce, Kafka e Proust. |
---|
Pseudónimo literario | Cerro de los Llanos Santiago de Amaral Roque de Agra |
---|
Lingua | galego e castelán |
---|
Obra |
---|
Obras destacables |
Doutorando | María del Rosario Castells Vila |
---|
Familia |
---|
Cónxuxe | Josefa Bustamante Muñoz |
---|
Fillos | non tivo |
---|
Pais | Enrique Otero Sotelo e Eladia Pedrayo Ansoar |
---|
Premios |
|
|
|
Pechar
A Fundación Otero Pedrayo e a Fundación Penzol conservan a súa biblioteca e arquivo. En 1988 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.