Lua (linguaxe de programación)
linguaxe de programación para clientes e sistemas embebidos / From Wikipedia, the free encyclopedia
Lua (do termo galego/portugués lúa) é unha linguaxe de programación lixeira, multiparadigma e deseñada para clientes e sistemas embebidos.[1] Lua é unha linguaxe multiplataforma cun intérprete en ANSI C[2] e unha API relativamente sinxela en C.[3]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Lúa (homónimos).
Datos rápidos Paradigma, Data ...
Lua | |
---|---|
Paradigma | multiparadigma: imperativa e funcional |
Data | 1993 |
Deseñador | Roberto Ierusalimschy, Waldemar Celes, Luiz Henrique de Figueiredo |
Última versión | 5.3.4 |
Tipo de dato | forte, dinámico, pato |
Postas en funcionamento | C |
Dialectos | Metalua, Idle, GSL Shell |
Influído por | C++, CLU, Modula, Scheme, SNOBOL |
Influíu | Falcon, GameMonkey, Io, JavaScript, Julia, MiniD, Red, Ring, Ruby, Squirrel, MoonScript |
Sistema operativo | Multiplataforma |
Licenza | MIT |
Web | www.lua.org |
Pechar
Lua deseñouse en 1993 como linguaxe que ampliase aplicacións e fose cubrindo as demandas de personalizacion das aplicacións. Ten as características esenciais da meirande parte das linguaxes procedurais máis sen características específicas de dominio. Ten mecanismos para facilitar engadir funcións ampliar a capacidade da linguaxe. Está deseñada para ser unha linguaxe áxil, portable, extensible e fácil de usar.