Luis Rogelio Rodríguez-Comendador Pérez
político español / From Wikipedia, the free encyclopedia
Luis Rogelio Rodríguez-Comendador Pérez, nado en Madrid o 19 de febreiro de 1959, é un político español, actual alcalde da cidade de Almería e membro do Partido Popular. É bisneto do que fora tamén alcalde de Almería en dúas ocasións, Rogelio Pérez García.[1]
Nome orixinal | (es) Luis Rogelio Rodríguez-Comendador |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 19 de febreiro de 1959 (65 anos) Madrid, España |
Cargos | |
Alcalde de Almería | |
Período | 2003 – 2015 |
Antecesor | Santiago Martínez Cabrejas |
Presidente da Deputación de Almería | |
Período | 1995 – 2003 |
Membro do Parlamento de Andalucía | |
Período | 2000 – 2008 |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Granada |
Actividade | |
Lugar de traballo | Almería |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Popular |
Lingua | Lingua castelá |
Naceu en Madrid, cidade de destino laboral de seu pai, en febreiro de 1959. Con dezaseis anos trasládase a Almería. Estudou dereito. Exerceu como avogado e como concelleiro no concello de Almería desde 1991. Foi tamén presidente da Deputación Provincial de Almería desde xullo de 1995 até xullo de 2003. Paralelamente, Luis Rogelio foi elixido como membro do Parlamento andaluz polo Grupo Popular desde o ano 2000. Finalmente, e tras as eleccións municipais de 2003, Luis Rogelio foi elixido alcalde de Almería. No ano 2007 foi reelixido como alcalde da cidade, ao igual que lle ocorreu nas eleccións municipais do ano 2011 con maioría absoluta.
Predecesor: Santiago Martínez Cabrejas |
Alcalde de Almería 2003 – 2015 |
Sucesor: Ramón Fernández-Pacheco Monterreal |