avogado e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Javier Luis Yebra-Pimentel Vidal, nado en Ventosa (Agolada) en 1928 e finado na Barrela o 16 de xaneiro de 2009, foi un avogado e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1928 Ventosa, España |
Morte | 16 de xaneiro de 2009 (80/81 anos) A Barrela, España |
Alcalde de Agolada | |
1966 – 1979 – Manuel Costa Casares → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | avogado , político |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Fillos | Julio Yebra-Pimentel Blanco |
Fillo de Julio Yebra-Pimentel Besteiro. Avogado e industrial de Agolada. Militante de FET y de las JONS. Foi nomeado alcalde de Agolada en marzo de 1966.[1] Permaneceu na alcaldía até as primeiras eleccións democráticas ás que se presentou encabezando unha candidatura independente que obtivo seis concelleiros; pero un pacto entre UCD (5 concelleiros), Unidade Galega (1 concelleiro) e PSOE (1 concelleiro) permitiu que fose nomeado alcalde o cabeza de lista de UCD Manuel Costa Casares. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura da Coalición Popular que obtivo 4 concelleiros, mentres que a da CIG que encabezaba o alcalde Costa Casares obtivo 7 concelleiros. Finou na Barrela o 16 de xaneiro de 2009.[2]
Predecesor: Licerio Hermida Somoza |
Alcalde de Agolada 1966 - 1979 |
Sucesor: Manuel Costa Casares |
Foi condecorado coa Cruz da Orde de Cisneros en 1969.[3]
Casou con Luz Divina Blanco Guerra e foi pai de Julio e Mari-Luz Yebra-Pimentel Blanco.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.