Máquina
ferramenta con una ou máis partes que usa enerxía para realizar unha acción desexada / From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha máquina é un dispositivo que transforma unha forma de enerxía noutra[1] e forma un conxunto independente de mecanismos deseñados co obxectivo de realizar unha ou máis tarefas determinadas. Unha máquina pode ser ou non automática ou intelixente, por exemplo, conter ou non elementos eléctricos, electrónicos, hidráulicos etc. Algunhas poden recibir nomes concretos segundo o seu uso ou obxecto, tales como máquina de afeitar, máquina de coser, máquina de lavar, máquina de escribir, máquina de retratar, máquina de calcular, máquina de picar carne, máquina de cortar embutidos, máquina de facer churros, máquina de segar, máquina de imprimir etc.[2]
As máquinas clasifícanse en función dos tipos de enerxía que manexan:
- Máquinas térmicas cuxo principio de funcionamento é o intercambio de calor (enerxía térmica) entre dous focos.
- Máquinas eléctricas transforman un tipo de enerxía eléctrica noutro (transformadores), en movemento (motores) ou ben transforman enerxía mecánica en eléctrica (xeradores).
- Máquinas hidráulicas operan con líquidos, como as bombas ou as turbinas hidráulicas.
- Mecanismos transforman un tipo de movemento noutro, como a biela-manivela ou as engrenaxes.