From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha máscara (ás veces denominada respirador que non debe confundirse co ventilador mecánico) é un dispositivo deseñado para protexer o portador da inhalación de atmosferas perigosas, incluíndo fumes, vapores, gases e partículas en suspensión coma pos e microorganismos -bacterias e virus- aerotransportados así como para protexer aos demais cando o portador pode contaxiar algunha doenza.
Hai dúas categorías principais nas máscaras:
As máscaras teñen unha peza facial que se axusta e suxeita á cabeza mediante fitas, arnés de tea, ou algún outro método.
A máscara cirúrxica é un tipo de máscara autofiltrante utilizada por persoal médico e sanitario para conter bacterias provenientes do nariz e da boca. As máscaras cirúrxicas tamén as utilizan civís en espazos públicos ante gromos ou epidemias de doenzas transmitidas por vía respiratoria, ou ben cando o ar dun determinado local está contaminado.[1]
A norma europea EN 149 chama ás máscaras "pezas de filtrado facial" (filtering face pieces, FFP) en tres categorías segundo a súa capacidade de filtrado e polo tanto de protección:
Clase | Límite de penetración do filtro (a 95 l./min de fluxo de ar) | Fluxo cara a dentro | Uso |
---|---|---|---|
FFP1 | Filtra polo menos o 78% das partículas transportadas polo ar | <22% | "Antipó" |
FFP2 | Filtra polo menos o 92% das partículas no ar | <8% | "Contra os virus influenza, Influenzavirus B, gripe aviaria, SRAS, coronavirus, COVID-19, yersinia pestis, tuberculose así como os usos indicados en FFP1" |
FFP3 | Filtra polo menos o 98% das partículas no ar | <2% | "Contra partículas moi finas de, por exemplo, asbesto e cerámica; procedementos médicos que xeren aerosois (intubación endotraqueal, broncoscopia, lavado bronco-alveolar, ventilación manual previa á intubación, ventilación non invasiva, traqueotomía e usos sinalados de máscaras FFP2 e FFP1" |
Nos Estados Unidos o Instituto Nacional para a Seguridade e Saúde Ocupacional definiu en 2011 os seguintes tipos de filtros de partículas:[2]
Resistencia ao óleo | Clasificación | Descrición |
---|---|---|
Non é resistente ao óleo | N95 | Filtra polo menos o 95% das partículas transportadas polo ar |
N99 | Filtra polo menos o 99% das partículas no ar | |
N100 | Filtra polo menos o 99.97% das partículas no ar | |
Resistente ao óleo | R95 | Filtra polo menos o 95% das partículas no ar |
R99 | Filtra polo menos o 99% das partículas no ar | |
R100 | Filtra polo menos o 99.97% das partículas no ar | |
A proba de óleo | P95 | Filtra polo menos o 95% das partículas no ar |
P99 | Filtra polo menos o 99% das partículas no ar | |
P100 | Filtra polo menos o 99.97% das partículas no ar |
Durante a pandemia de enfermidade por coronavirus de 2019-2020 (COVID-19) e o seu espallamento a practicamente todos os países do mundo, produciuse unha escaseza xeneralizada de máscaras ante a necesidade do seu uso para evitar contaxiar e ser contaxiado. Ante esta situación xurdiron propostas individuais, empresariais e estatais para a confección das denominadas como máscaras hixiénicas, que sen cumprir as normas esixidas para as máscaras cirúrxicas e de protección (máscaras cirúrxicas, máscara N95, FFP2 e FFP3) podían cumprír unha función hixiénica e evitar tanto contaxiar e como ser contaxiado.
Os Centros para o Control e a Prevención de doenzas dos Estados Unidos publicaron un padrón de máscaras caseiras sen costuras usando un pano e un filtro de café, así como un vídeo sobre como facer máscaras con bandas de goma e teas dobradas que se atopan en casa. Os científicos de todo o país encargáronse de identificar os materiais cotiáns que fan un mellor traballo ao filtrar partículas microscópicas. En probas recentes, os filtros de forno HEPA obtiveron bos resultados, do mesmo xeito que as bolsas de aspirador, as capas de fundas de almofada de 600 unidades e a tea similar ao pixama de flanela. Os filtros de café apiados tiveron puntuacións medias. As bufandas e o material de panos tiveron as puntucións máis baixas, pero aínda así apañaron unha pequena porcentaxe de partículas.[3]
En España e outros países xurdiron iniciativas conxuntas cidadás, privadas e públicas para a confección e homologación de máscaras hixiénicas que podían cumprir a función de protección fronte ao SARS-CoV-2.[4][5][6][7][8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.