Os míridos (Miridae) son unha familia grande e diversa de insectos hemípteros, antes chamada Capsidae.[1] É a familia máis grande pertencente á suborde Heteroptera; comprende unhas 10.000 especies coñecidas, e están describíndose especies novas decote. Os míridos máis coñecidos son os que son pragas agrícolas que perforan os tecidos das plantas, aliméntanse dos seus zumes internos e ás veces transmiten enfermidades virais ás plantas. Porén, algunhas especies son predadoras.
Máis información Clasificación científica, Especie tipo ...
Os Miridae son pequenos insectos terrestres, xeralmente de forma oval ou alongada que miden menos de 12 mm de longo. Moitos deles teñen un aspecto chepudo debido á forma do seu protórax, que leva a cabeza dobrada cara a abaixo. Algúns teñen vivas cores e debuxos atractivos, outros son marróns oliva apagados ou escuros, e a maioría son pouco rechamantes. Algúns xéneros son imitadores das formigas en certos estadios da súa vida. Os Miridae non teñen ocelos. O seu rostro consta de catro segmentos. Unha característica útil na identificación dos membros da familia é a presenza dun cúneo, que é o extemo triangular do corio, a parte dura e córnea da á anterior, o hemiélitro. O cúneo é visible en case todos os Miridae e nuns poucos outros Hemiptera, concretamente na familia Anthocoridae, que non se parecen moito aos Miridae noutras características. Os tarsos case sempre teñen tres segmentos.[2]
Deraeocoris nebulosus prefire comer outros insectos en vez de plantas, e utilizouse como axente de biocontrol contra ácaros e insectos Coccoidea.[3]
Dicyphus hesperus zuga os zumes internos de varias plantas, pero tamén depreda insectos Aleyrodidae e ácaros Tetranychus urticae e pode utilizarse para o control biolóxico de pragas.[4]
Esta familia inclúe un gran número de especies, moitas das cales son aínda descoñecidas, distribuídas en máis de 1300 xéneros. A árbore taxonómica comprende as seguintes subfamilias e numerosas tribos:
Henry, T. J. and A. G. Wheeler, Jr., 1988A. Family Miridae Hahn, 1833 (= Capsidae Burmeister, 1835). The plant bugs, pp. 251--507. In: Henry, T. J. and R. C. Froeschner (eds.), Catalog of the Heteroptera, or True Bugs of Canada and the Continental United States. E. J. Brill, Leiden.
Richards, O. W.; Davies, R.G. (1977). Imms' General Textbook of Entomology: Volume 1: Structure, Physiology and Development Volume 2: Classification and Biology. Berlin: Springer. ISBN0-412-61390-5.
McGregor, Robert R.; Gillespie, David R.; Quiring, Donald M.J.; Foisy, Mitch R.J. (1999). "Potential Use of Dicyphus hesperus Knight (Heteroptera: Miridae) for Biological Control of Pests of Greenhouse Tomatoes". Biological Control16 (1): 104–110. doi:10.1006/bcon.1999.0743.
Junggon, Kim; Hong, Ki Min; Woon, Kee Paek; Sunghoon, Jung (2017). "Two new records of the subfamily Deraeocorinae (Hemiptera: Heteroptera: Miridae) from the Korean Peninsula". Journal of Asia-Pacific Biodiversity10 (3). doi:10.1016/j.japb.2017.05.001.
Cassis, G.; Schuh, R. T. (2012). "Systematics, Biodiversity, Biogeography, and Host Associations of the Miridae (Insecta: Hemiptera: Heteroptera: Cimicomorpha)". Annual Review of Entomology57: 377–404. PMID22149267. doi:10.1146/annurev-ento-121510-133533.