MPEG-4 Parte 14
From Wikipedia, the free encyclopedia
MPEG-4 Parte 14 ou *.mp4 (non confundir con Reprodutor MP4) é un formato de arquivo (chamado contedor) especificado como parte do estándar internacional MPEG-4 de ISO/IEC. Utilizase para almacenar os formatos audiovisuais especificados por ISO/IEC e o grupo MPEG (Moving Picture Experts Group) ó igual que outros formatos audiovisuais dispoñibles. Utilizase tipicamente para almacenar datos en arquivos para ordenadores, para transmitir fluxos audiovisuais e, probablemente, en moitas outras formas.
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
A extensión m4a foi popularizada por Apple, quen iniciou o uso da extensión ".m4a" no seu software "iTunes" para distinguir entre arquivos MPEG-4 de son e vídeo (M4A e M4V respectivamente). Actualmente a maioría do software que soporta o estándar MPEG-4 reproduce arquivos coa extensión ".m4a". A maioría dos arquivos ".m4a" dispoñibles foron creados usando o formato AAC, pero outros arquivos en formatos como "Apple Lossless" e ".mp3" poden ser incluídos nun arquivo ".m4a".
Normalmente pódense cambiar, de maneira segura, a extensión dos arquivos de son ".mp4" a ".m4a" e viceversa pero non así a ".mp3" xa que para poder ser reproducidos nun reprodutor de son, este necesariamente ten que ter a capacidade para decodificar o formato que está contido no ficheiro ".mp4" que xeralmente está codificado en MPEG-4 AAC e incompatible coa codificación e decodificación de MPEG-1 Layer 3 para o ".mp3".
MPEG-4 é unha serie de codecs e estándares internacionais de vídeo, son e datos creado especialmente para a web. Está formado por unha serie de algoritmos de compresión que codifica datos, son e vídeo optimizando a súa calidade de almacenamento, codificación e distribución en redes. Coas cámaras de hoxe, integrase, capturase e codificase nunha única acción, o que optimiza a potencialidade do usuario para emitir.
- .mp4 permite transmitir fluxos sobre Internet. Tamén permite transmitir combinacións de fluxos de son, vídeo e texto coordinado de forma consolidada. O punto de partida deste formato foi o formato de arquivo de QuickTime de Apple. Na actualidade *.mp4 veuse enriquecido en formas moi variadas de maneira que xa non se podería afirmar que son o mesmo formato.
- .mp4 utilizase con frecuencia como alternativa a *.mp3 no iPod e en iTunes. A calidade do codec AAC que se almacena en *.mp4 é maior que a de MPEG-1 Audio Layer 3, pero a súa utilización non é actualmente tan ampla como a de *.mp3.
É posible enviar practicamente calquera tipo de datos dentro de arquivos *.mp4 por medio dos chamados fluxos privados, pero os formatos recomendados, por razóns de compatibilidade son::
- Vídeo: MPEG-4, MPEG-2 y MPEG-1
- Son: MPEG-4 AAC, MP3, MP2, MPEG-1 Part 3, MPEG-2 Part 3, CELP (fala), TwinVQ (taxas de bit moi baixas), SAOL (midi)
- Imaxes: JPEG, PNG
- Subtítulos: MPEG-4 Timed Text, ou o formato de texto xmt/bt (significa que os subtítulos teñen que ser traducidos en xmt/bt)
- Systems: Permite animación, interactividade e menús ó estilo DVD
Estas son algunhas das extensións utilizadas en arquivos que conteñen datos no formato *.mp4:
- .mp4: extensión oficial para son, vídeo e contidos avanzados (ver máis abaixo)
- .m4a: Só para arquivos de son; os arquivos poden ser renomeados como .mp4, se ben non tódolos expertos recomendan isto.
- .m4p: FairPlay arquivos protexidos
- .mp4v, .m4v: só vídeo (algunhas veces utilizase para fluxos mpeg-4 de vídeo no especificados na definición do formato)
- .3gp, .3g2: utilizados pola telefonía móbil 3G, tamén pode almacenar contido non directamente especificados na definición de .mp4 (H.263, AMR, TX3G)