Sonda de aterraxe marciana da NASA. From Wikipedia, the free encyclopedia
Mars Polar Lander, tamén coñecida polo seu acrónimo MPL, foi unha sonda espacial da NASA lanzada o 3 de xaneiro de 1999 mediante un foguete Delta 7925 desde o centro espacial de Cabo Cañaveral para estudar Marte desde a superficie. O contacto coa sonda perdeuse pouco antes da súa aterraxe.[1][2][3]
Mars Polar Lander | |
---|---|
Representación artística de Mars Polar Lander na superficie de Marte. | |
Tipo | Científico |
Organización | NASA |
Destino actual | Perdida na superficie marciana.[1][2][3] |
Data de lanzamento | 3 de xaneiro de 1999, 20:21 GMT[1][4][5][6] |
Foguete portador | Delta 7425[1][3] |
Sitio de lanzamento | Centro espacial de Cabo Cañaveral, rampla de lanzamiento 17B[1][2] |
Obxectivo da misión | Estudo de Marte.[1][2] |
NSSDC ID | 1999-001A |
Masa | 290,0 kg[1] |
Potencia | 200 W[1] |
Mars Polar Lander foi parte do proxecto Mars Surveyor '98, que consistía nun orbitador (Mars Surveyor '98 Orbiter, logo coñecido como Mars Climate Orbiter) e nun aterrizador (Mars Surveyor '98 Lander, a propia Mars Polar Lander). O proxecto pretendía estudar a meteoroloxía marciana e o ciclo da auga e do dióxido de carbono en Marte.[1][2][3]
Mars Polar Lander debería ter aterrizado na zona polar sur do planeta, a menos de 1000 km do polo e cerca da capa polar de dióxido de carbono. A telemetría da nave perdeuse pouco antes da entrada atmosférica, o 3 de decembro de 1999, por causas descoñecidas, e xamais foi recuperada. Mars Polar Lander levaba acaroadas dúas pequenas subsondas, denominadas conxuntamente Deep Space 2, que deberían ter sido exectadas durante o descenso e penetrado na superficie marciana para recoller datos científicos, e que tampouco se comunicaron coa Terra.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.