![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7d/V%25C3%25A4nrikki_Stoolin_tarinat_3.jpg/640px-V%25C3%25A4nrikki_Stoolin_tarinat_3.jpg&w=640&q=50)
Maamme
From Wikipedia, the free encyclopedia
Maamme ou Vårt land (en finés e sueco respectivamente, en galego: significa A Nosa Terra) é o nome do himno nacional de facto de Finlandia.
Maamme | |
---|---|
En galego: A Nosa Terra | |
![]() | |
Himno de | ![]() |
Letra | Johan Ludvig Runeberg 1848 |
Música | Fredrik Pacius 1848 |
Mostra da música | |
| |
A música foi composta polo alemán Fredrik Pacius, e a letra (orixinalmente en sueco) polo sueco-finés Johan Ludvig Runeberg. Foi presentado por primeira vez o 13 de maio de 1848. O poema orixinal, escrito en 1846 pero non impreso até 1848, tiña 11 estrofas e formaba parte do prólogo do verso Relatos do Alférez Ståhl (Fänrik Ståhls sägner), unha obra mestra do nacionalismo romántico.
Relatos do Alférez Ståhl foi unha obra moi apreciada en Escandinavia. Até a independencia de Finlandia, as notas de Pacius e as letras de Runeberg eran cantadas frecuentemente en Noruega, Dinamarca e Suecia. Débese notar que na versión sueca do himno, o texto non fai referencia a Finlandia, só a un país no norte (ou os países nórdicos en xeral); con todo na versión finesa do himno, o texto refírese explicitamente a Finlandia.
Algúns finlandeses propuxeron que o himno nacional sexa cambiado por Finlandia de Jean Sibelius; en parte porque a música tamén se usa no himno nacional de Estonia (Mu isamaa, mu õnn ja rõõm) cunha letra moi similar, e en parte porque Pacius era alemán e Runeberg era sueco-finés (aínda que Sibelius era tamén sueco-finés).