Macaco xaponés
From Wikipedia, the free encyclopedia
O macaco xaponés (Macaca fuscata) é unha especie da familia dos cercopitécidos nativa do Xapón. Trátase do primate non humano que vive máis ao norte do mundo. De feito é o único adaptado a un clima frío, xa que os macacos xaponeses adoitan vivir en zonas onde a neve cobre a paisaxe durante varios meses cada ano.[1][2] Posúen unha pelaxe entre marrón e gris, a face vermella e colas curtas.
Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Macaco xaponés | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macaco na prefectura de Osaca. | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Macaca fuscata (Blyth, 1875) | |||||||||||||||
Área de distribución do macaco xaponés. | |||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||
Macaca fuscata fuscata |
Pechar
Este artigo amosa escritos xaponeses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
No Xapón é coñecido polo nome de Nihonzaru (Nihon 日本 "Xapón" + saru 猿 "mono") para diferencialo doutros primates, mais o macaco xaponés é tan familiar no país que cando os xaponeses din simplemente saru adoitan referirse ao macaco xaponés.