O machi é o sacerdote da relixión tradicional do pobo mapuche, na actualidade a maioría dos machis son mulleres pero historicamente a función tamén foi amplamente desempeñada por homes.

Thumb
Machis mapuches en 1903.

O machi é o encargado de dirixir os cerimoniais de curación denominados machitún, en casos excepcionais tamén se encarga de presidir a cerimonia do Guillatún, mediante a cal a comunidade se comunica co mundo espiritual. O machi tamén ten a función ser o oráculo do lonco local e en tempos antigos tamén aconsellaba sobre a paz e a guerra. O machi asume tamén o papel de curador na medicina mapuche, coñece o valor medicinal de cada planta e ten o poder dos espíritos e os soños.

O machi normalmente seleccionase na infancia, xa que debe pasar por un proceso longo e complexo de aprendizaxe. É o kugna que posúe cada liñaxe ou familia o que determinará quen será a persoa que asumirá o posto que pode ser determinada por revelacións sobrenaturais, por transmisión herditaria, por influencia da súa familia, polo seu poder para curar enfermidades ou ben por iniciativa propia.

Os conquistadores españois consideraban bruxas ás machis e por iso eran obxecto de persecución, chegando mesmo á queima pública.

Véxase tamén

Outros artigos

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.