From Wikipedia, the free encyclopedia
A macrolingüística é o estudo máis comprehensivo das linguas naturais coa inclusión da semántica lingüística, a pragmática e maila sociolingüística.[1] O termo foi introducido polo lingüista estadounidense George L. Trager.[2]
Fronte á macrolingüística a microlingüística estuda os aspectos vencellados coa estrutura das propias linguas humanas sen preocuparse polo contido semántico ou de interacción social das mesmas.
Para algúns autores a fonética das linguas orais era considerada prelingüística (e do mesmo xeito a queiroloxía das linguas signadas). É dicir, considerábase que a articulación sonora ou xestual como algo irrelevante para a estrutura da lingua. Aínda que algúns autores consideran que a fonoloxía e a morfofonética son parte da microlingüística.
Os aspectos gramaticais e a descrición da estrucutra sintática dunha lingua, son o núcleo do estudo microlingüístico e, ao mesmo tempo, tamén son parte do enfoque máis comprensivo das linguas que se chama macrolingüística.
Por outra banda a semántica considérase un aspecto metalingüístico da comunicación humana, é dicir, un aspecto só indirectamente ligado á estrutura da lingua en si mesma. Dende ese punto de vista a semántica tería máis que ver co estudo do sistema cognitivo humano xeral máis que co estudo das estruturas lingüísticas en si mesmas. Trager propuxo unha lingüística máis comprehensiva que incluíse o seu estudo como parte integrande dela.
Por outra banda a maioría de enfoques prometedores da pragmática necesitan incluír aspectos xerais do sistema cognitivo humano, xa que, en opinión dalgúns autores a pragmática non pode ser tratada estritamente dentro da lingüística.[3]
A lingüística externa é a parte da macrolingüística que estuda o relacionado cos factores extralingüísticos que inflúen nunha lingua. Entre os aspectos que interesarían á lingüística externa estarían:
As disciplinas específicas que estudan estes aspectos da lingüística externa son sociolingüística, etnolingüística, dialectoloxía e psicolingüística. Outros aspectos sobre os que existiría menor consenso sobre se forman ou non parte da lingüística externa son os seguintes:
Doutra banda, tamén se coñece como macrolingüística ao estudo da interacción das linguas e das súas condicións de adquisición, desenvolvemento e funcionamento tanto individual como social. Como tal, sería unha póla da lingüística.
Entre as súas manifestacións máis destacadas cóntanse disciplinas, a miúdo de denominación composta e metodoloxicamente independizadas, como a sociolingüística, a etnolingüística, a psicolingüística, e maila estilística.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.