Magdalena Aguinaga Alfonso - Wikiwand
For faster navigation, this Iframe is preloading the Wikiwand page for Magdalena Aguinaga Alfonso.

Magdalena Aguinaga Alfonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Magdalena Aguinaga Alfonso
Nome completoMagdalena Aguinaga Alfonso
Nacemento15 de outubro de 1953
 Pamplona
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
OcupaciónProfesora de ensino secundario
editar datos en Wikidata ]

Magdalena Aguinaga Alfonso, nada en Pamplona o 15 de outubro de 1953, é unha profesora e investigadora literaria. Residiu e traballou en Galicia e no Canadá.

Traxectoria

É doutora en literatura española pola Universidade de Santiago de Compostela desde 1993 cunha tese sobre José María de Pereda e catedrática de lingua castelá e profesora de ensino secundario en diversos institutos de Galicia e Pamplona. Liñas de investigación: autores do realismo español e literatura española do século XX. Publicou arredor de setenta artigos en revistas especializadas e participou en numerosas conferencias nacionais e internacionais.

De 2000 a 2006 traballou no Canadá como asesora técnica do Ministerio de Educación e Ciencia de España na York University de Toronto e como consultora de español no Curriculum Branch do Goberno de Educación de Edmonton (Alberta).

Pertenceu á Sociedad de Literatura Española del siglo XIX, á Sociedad Española de Literatura General y Comparada, á Asociación Internacional de Hispanistas e, na súa etapa no Canadá, á Asociación Canadense de Hispanistas.

Publicacións

Entre outras, é autora das seguintes publicacións, todas en lingua castelá:

Notas

  1. É un ensaio sobre Emilia Pardo Bazán.
  2. 1ª edición: Autoedición 1994. ISBN 84-605-1113-8.
  3. Cuentos gallegos (PDF) (en castelán). Dep. de Pontevedra. 2012. ISBN 978-84-8457-397-5. 
  4. "Valera y Galdós en Cervantes Virtual, 2003.

Véxase tamén

Ligazóns externas

{{bottomLinkPreText}} {{bottomLinkText}}
Magdalena Aguinaga Alfonso
Listen to this article