From Wikipedia, the free encyclopedia
Bronisław Kasper Malinowski, nado en Cracovia (Polonia) o 7 de abril de 1884 e finado o 16 de maio de 1942, foi un antropólogo polaco.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
Naceu en Cracovia (Polonia) cando formaba parte da provincia austrohúngara Reino de Galicia e Lodomeria, nunha familia de clase media alta, o seu pai era profesor e a súa nai era filla dun terratenente.
Dende 1910, Malinowski estudou economía na London School of Economics, dándolle clases Seligman e Westermarck, analizando os patróns de cambio na Australia aborixe mediante documentos etnográficos. En 1914 déronlle a oportunidade de viaxar a Nova Guinea co antropólogo R.R. Marett, pero como estalou a primeira guerra mundial e Malinowski era austríaco, inimigo da Commonwealth británica, non puido realizar a súa viaxe de volta de Inglaterra. O goberno australiano, con todo, deulle permiso e fondos para realizar un traballo etnográfico nos seus territorios e Malinowski escolleu ir ás illas Trobriand (Melanesia) onde permaneceu varios anos, estudando a cultura indíxena. Tras o seu regreso a Inglaterra despois da guerra, publicou Argonauts of the Western Pacific (1922). Foi conferenciante e máis tarde comezou a dar clases de antropoloxía na London School of Economics, atraendo un gran número de estudantes e exercendo grande influencia sobre o desenvolvemento da British Social Anthropology. Entre os seus alumnos estaban antropólogos prominentes como Raymond Firth, E. E. Evans-Pritchard, Hortense Powdermaker, Edmund Leach, Audrey Richards e Meyer Fortes. Desde 1933, visitou varias universidades americanas e cando estalou a segunda guerra mundial, decidiu quedar en Yale. Alí permaneceu o resto da súa vida, influíndo a unha xeración de antropólogos americanos.
Malinowski está considerado un dos etnógrafos máis expertos da antropoloxía, especialmente polo seu metódico e ben teorizado estudo dos sistemas sociais. É o primeiro investigador en incorporar a antropoloxía "off terraza" (unha frase que é tamén o nome dun documental sobre o seu traballo), é dicir, experimentando a vida cotiá dos seus observados xunto con eles. Malinowski salientou a importancia da observación detallada participante e argumentou que os antropólogos deben ter contacto diario cos seus informantes se están facendo adecuadamente os "Imponderabilia da vida cotiá", que son tan importantes para a comprensión dunha cultura diferente.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.