Malpica de Bergantiños
concello da comarca de Bergantiños, na provincia da Coruña / From Wikipedia, the free encyclopedia
Malpica de Bergantiños é un concello galego da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños, en plena Costa da Morte. Limita co concello de Carballo polo leste, co de Ponteceso polo sur, e co océano Atlántico polo oeste e o norte.
Datos rápidos Localización, Capital ...
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia da Coruña | ||||
Capital | Malpica | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.241 (2023) (85,61 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 61,22 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 387 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Eduardo Parga Veiga | ||||
Eleccións municipais en Malpica de Bergantiños | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 15113 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 15043 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | concellomalpica.com |
Pechar
Segundo o INE no ano 2016 tiña unha poboación de 5616 habitantes (5.768 no 2014, 5.998 no 2012, 6.102 no 2011, 6.178 no 2010).
O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «malpicán».