From Wikipedia, the free encyclopedia
Manuelito, tamén coñecido como Hastiin Chʼil Haajiní, nado en 1818 e finado en 1893, foi un dos principais xefes do pobo navajo antes, durante e despois do período da Longa marcha.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1818 Utah, Estados Unidos de América |
Morte | 1894 (75/76 anos) Arizona, Estados Unidos de América |
Causa da morte | Xarampón |
War chief (en) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | Xefe tribal |
Naceu no seo do Clan Bitʼahnii, preto de Bear's Ears, no sueste de Utah. Como moitos Navajo, ó longo da súa vida foi coñecido por diferentes nomes dependendo do contexto. No seu pobo, foi coñecido como Ashkii Diyinii (Neno Santo), Dahaana Baadaané (Xenro de texano), Hastiin Chʼilhaajiní (Herbas Negras) e Nabááh Jiłtʼaa (Guerreiro Xefe). Os seus inimigos chamárono "Burato de bala".
Manuelito foi un líder destacado que uniu ó seu pobo en contra da opresión do exército dos Estados Unidos. Durante varios anos, liderou un grupo de guerreiros que tentaron resistir os esforzos federais que pretendían mover o pobo navajo á forza ata Bosque Redondo, Novo México. Ese traslado tivo lugar en 1864 e coñécese como a Longa marcha dos navajo. Despois do traslado, Manuelito foi un dos líderes que asinou o tratado de 1868, finalizando así un período no que o seu pobo estivo preso en campos de concentración do goberno, e finalmente puideron establecer unha reserva. Manuelito tamén foi un férreo defensor da educación para os nenos navajo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.