Mar Branco
golfo do mar de Barents / From Wikipedia, the free encyclopedia
O mar Branco (en ruso, Бе́лое мо́ре [Biéloye more]); en finés, Vienanmeri) é un extenso golfo do mar de Barents (no océano Glacial Ártico), localizado na costa noroeste de Rusia. Atópase limitado pola península de Kanín ao nordeste, por Carelia ao oeste e pola península de Kola ao norte. Ten unha superficie aproximada duns 95.000 km2. A maioría do ano atópase xeado.
Mar Branco | |
---|---|
Бе́лое мо́ре - Vienanmeri | |
Localización administrativa | |
Estado | Rusia |
División | Óblast de Arkhanguelsk Óblast de Múrmansk República de Carelia |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Océano Ártico |
Continente | Europa |
Xeografía | |
Subdivisións | Baía de Menzen Baía de Dvina Golfo de Onega Golfo de Kandalakcha |
Illas interiores | Illa Morzhóvets e as illas Solovetsky |
Afluentes | Dviná Setentrional (748 km), Onega (416 km) e Mezén (966 km) |
Cidades ribeiregas | Arkhanguelsk e Belomorsk |
Accidentes | |
Penínsulas | Península de Kola Península de Kanín |
Características | |
Superficie | 95.000 km² |
Outros datos | |
Áreas protexidas | Illas Solovetsky (UNESCO) |
Mapa | |
Mapa do mar Branco. | |
O mar Branco ten catro grandes golfos ou baías no seu interior: na parte máis exterior, a baía de Mezén ao leste; no tramo interior as outras tres, a baía de Dviná ao sueste, o golfo de Onega ao sur e o golfo de Kandalakcha ao noroeste. No seu interior hai moitas illas, as maiores e máis importantes son a illa Morzhóvets e as illas Solovetsky, cun conxunto que foi declarado patrimonio da Unesco.
O porto de Arkhánguelsk, no fondo da baía de Dviná, é o porto máis importante do mar Branco e ademais, durante gran parte da historia de Rusia, foi o seu principal centro de comercio marítimo internacional. Na actualidade é unha base naval e de submarinos.
A canle Mar Branco-Báltico conecta o mar Branco co mar Báltico.
Todo o mar Branco son augas territoriais baixo soberanía rusa, bañan as súas augas a República de Carelia, a Óblast de Arkhanguelsk e a Oblast de Múrmansk.