Mar da Liguria
From Wikipedia, the free encyclopedia
O mar da Liguria[1] (en italiano Mar Ligure e en francés Mer Ligure) é unha parte do mar Mediterráneo centro-setentrional, que baña costas de Italia, Francia e Mónaco. Limita no occidente cunha liña imaxinaria que parte do cabo Ferrat, en Francia, até Punta di Revellata, preto de Calvi na Córsega setentrional, mentres o límite oriental localízase entre cabo Corso, en Córsega, e o promontorio de Piombino, na provincia de Livorno (na Italia peninsular).
Mar a Liguria | |
---|---|
Mer de Ligurie - Mâ Lìgure - Mar Ligure | |
Localización administrativa | |
Estado | Italia Francia Mónaco |
División | Rexión de Provenza-Alpes-Costa Azul e Córsega (FRA) Liguria e Toscana (ITA) |
Subdivisión | Departamentos dos Alpes Marítimos e Alta Córsega (FRA) Provincias de Xénova, Imperia, La Spezia, Savona, Massa-Carrara, Lucca, Pisa, Livorno (ITA) |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Mar Mediterráneo |
Continente | Europa |
Illa/s | Córsega |
Xeografía | |
Mares contiguos | Mar Tirreno e mar de Sardeña |
Illas interiores | Elba, Capraia e Gorgona, Palmaria, Tino e Tinetto |
Afluentes | Arno (241 km), Magra (70 km), Versilia e Serchio (111 km) |
Accidentes | |
Golfos e baías | Golfo de Xénova, golfo de Tigullio e golfo de Baratti |
Características | |
Outros datos | |
Áreas protexidas | Santuario de mamíferos mariños (ZEPIM) Cinque Terre (Patrimonio da Humanidade) |
Mapa | |
Localización do mar da Liguria. | |
Delimitacións do mar da Liguria: en vermello, a da IHO; en azul, seguindo a xeografía italiana. | |
O mar da Liguria baña as costas da Liguria e de parte da Toscana, parte do departamento francés dos Alpes Marítimos e tamén o Principado de Mónaco, así como as illas de Capraia e Gorgona e parte da costa setentrional de Córsega. Todo o Golfo de Xénova forma parte do mar da Liguria.
O mar recibe polo leste as augas do río Arno e de moitos outros de orixe apenina, como o río Serchio e o río Magra. A costa noroccidental da Península Itálica, bañada polo mar da Liguria, é recoñecida pola súa beleza paisaxística e a bondade do seu clima. Ao longo da súa costa, encóntranse importantes centros portuarios, entre os que cabe destacar o máis importante de todos: o porto de Xénova. Outros portos relevantes son os de Savona, La Spezia, Carrara, Viareggio e Livorno.
O mar da Liguria acada unha profundidade máxima de máis de 2.850 m ao noroeste de Córsega.