mar From Wikipedia, the free encyclopedia
O Mar das Hébridas (/hɛbrɪdiːz/) é unha porción do océano Atlántico do norte, situada ao longo da costa oeste de Escocia, entre o sur do arquipélago das Hébridas Exteriores e o norte do arquipélago das Hébridas Interiores. Ao norte, o Mar das Hébridas únese a O Minch.[1]
Mar das Hébridas | |
---|---|
Sea of the Hebrides - Na h-Eileanan a-staigh | |
Localización administrativa | |
Estado | Reino Unido |
División | Escocia |
Subdivisión | Highland, Hébridas Exteriores e Argyll e Bute (council áreas) |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Océano Atlántico |
Continente | Europa |
Arquipélago | Illas británicas |
Illa/s | Illa de Gran Bretaña, illa de Skye e South Uist, Barra e illa de Mull |
Xeografía | |
Mares contiguos | Mar de Irlanda |
Subdivisións | Loch Bracadale, Loch Salpin, Loch Eishort, Sound of Sleat, Loch Ailort, Loch Moidart, baía de kentra, |
Illas interiores | Rum, Eigg, Tiree, Coll, Canna, Soai e Muck |
Cidades ribeiregas | Lochsboidale e Mallaig |
Accidentes | |
Estreitos | Estreito de Eriskay (co Atlántico, ao oeste, entre as illas de Eriskay e Sout Uist) |
Características | |
Mapa | |
Mapa da rexión das Hébridas | |
Localización do mar | |
O Mar das Hébridas forma parte dos Mares internos da costa oeste de Escocia, tal como a define a Organización Hidrográfica Internacional,[2] e parte dos mares do oeste de Escocia en canto á xestión pesqueira.
O mar das Hébridas comunica directamente co océano Atlántico polo sur, e, indirectamente, tamén o fai polo oeste a través dos diferentes estreitos existentes entre as distintas illas do grupo sur das Hébridas Exteriores. Polo norte, a través do estreito chamado O pequeno Minch conecta con outro mar epicontinental do océano Atlántico, O Minch.
Os límites do mar das Hébridas non están claramente definidos, pero habitualmente adóitase considerar como límite suroccidental a liña que une o illote de Solan, no oeste, e a illa de Tiree, no sueste; como límite oriental, a costa occidental da illa de Mull, unha pequena parte da costa noroccidental da illa de Gran Bretaña e a costa suroccidental da illa de Skye; como límite occidental, o grupo de illas meridionais das Hébridas Exteriores, Barra, South Uist e Benbecula; e, o límite norte, é o inicio da canle do pequeno Minch, entre a illa de Grimsay e a punta oriental da illa de Skye.
No interior do mar das Hébridas están localizadas varias illas importantes, como Rum (104´62 km²), Eigg (30´49 km²), Tiree (78´2 km²), Coll (76´92 km²), Canna (11´30 km²), Muck (5´59 km²).
No mar das Hébridas prestan servizo varias compañías de transbordadores que comunican as illas, con liñas como Castlebay-Oban, Bag a Chaisteil-Maillag, Eigg-Maillag ou Lochboisdale-Oban.
A máxima autoridade internacional en materia de delimitación de mares, a Organización Hidrográfica Internacional («International Hydrographic Organization, IHO), non considera o mar das Hébridas como un mar independente, senón formando parte dos «mares interiores da costa oeste de Escocia» (Inner Sexas off the West Coast of Scotland) ao que, na súa publicación de referencia mundial, «Limits of oceans and seas» (Límites de océanos e mares, 3ª edición de 1953), asigna o número de identificación 18 e defíneo da forma seguinte:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.