Mar das Laquedivas
mar / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Mar das Laquedivas ou o Mar de Lakshadweep é un corpo de auga que limita coa India, (incluíndo as illas Laquedivas), as Maldivas, e Sri Lanka. Está situado ao suroeste de Karnataka, ao oeste de Kerala e ao sur de Tamil Nadu. Este mar quente ten unha temperatura estable de auga ao longo do ano e é rica en vida mariña. Só o Golfo de Mannar alberga preto de 3.600 especies. Trivandrum, Kochi, Colombo, Quilon, Alappuzha e Malé son as principais cidades á beira do mar das Laquedivas. Kanyakumari, a punta máis meridional da India peninsular, tamén bordea este mar.
Datos rápidos Localización administrativa, Estado ...
Mar das Laquedivas | |
---|---|
लक्षद्वीप सागर | |
Localización administrativa | |
Estado | India Sri Lanka Maldivas |
División | Estados de Goa, Karnataka, Kerala, Tamil Nadu e territorio das Laquedivas |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Océano Índico |
Continente | Subcontinente indio, Asia |
Arquipélago | Illas Laquedivas |
Xeografía | |
Mares contiguos | Mar Arábigo e baía de Bengala |
Características | |
Superficie | 786.000 km² |
Profundiade máxima | 4.131 m |
Profundidade media | 1.929 m |
Outros datos | |
Cidade máis poboada | Cebu City (798 809 h. en 2007) |
Mapa | |
Localización das illas Laquedivas (o mar está entre as illas e o subcontinente indio). | |
Rexión das illas Laquedivas | |
Pechar