Mar de Salomón
mar / From Wikipedia, the free encyclopedia
O mar de Salomón é un mar aberto localizado no suroeste do océano Pacífico, delimitado pola costa suroriental da illa de Nova Guinea, ao oeste; polas illas do arquipélago Bismarck, ao norte; polas Illas Salomón, das que recibe o seu nome, ao leste; e polo arquipélago das Luisiadas, na prolongación da punta do sueste de Nova Guinea, ao sur, por onde se abre ao mar do Coral. Comunica ao noroeste e ao norte, a ambos os dous lados da illa de Nova Bretaña, co mar de Bismarck.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2017.) |
Mar de Salomón | |
---|---|
Solomon Sea | |
Localización administrativa | |
Estado | ![]() ![]() |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Océano Pacífico |
Continente | Oceanía |
Illa/s | Nova Guinea, arquipélago Bismarck, Illas Salomón e arquipélago das Luisiadas |
Xeografía | |
Mares contiguos | Mar de Bismarck e mar do Coral |
Características | |
Superficie | 720 000 km² |
Profundiade máxima | 9 140 m |
Mapa | |
![]() Localización do mar de Salomón. | |
![]() Localización do mar de Salomón. | |
Comprende unha superficie próxima ao 720.000 km². Trátase dun mar profundo, destacando a fosa de Nova Bretaña no norte, cunha profundidade máxima de 9.140 metros, a depresión das Salomón no centro e a fosa de San Cristóbal no sueste.
A principal cidade que bañan as súas augas é a cidade de Honiara, capital das Illas Salomón, situada na illa de Guadalcanal.
Nas súas augas disputáronse numerosas batallas da guerra do Pacífico pertencentes á segunda guerra mundial.