Marca (territorio)
entidade territorial fronteiriza dun reino na que se enfatiza un desenvolvemento militar / From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha marca, na Idade Media, era un territorio fronteirizo dun imperio ou un reino relativamente extenso. Estaban gobernadas directamente por un señor feudal (a miúdo, un marqués, cuxo nome deriva precisamente de "marca"),[1] que exercía nela poderes civís e militares, e cuxa dependencia ou independencia do poder central dependía da maior ou menor capacidad deste para manter a súa autoridade e o control efectivo sobre a totalidade do seu territorio, cuestión especialmente delicada, dada a tendencia do feudalismo á disgregación do poder.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Marca.
Estas marcas existiron en varias entidades políticas da Idade Media: no Imperio carolinxio, no Sacro Imperio Romano Xermánico e en al-Andalus.