Marco común europeo de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensinanza e avaliación
From Wikipedia, the free encyclopedia
O marco común europeo de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensinanza e avaliación (MCER) é un estándar que pretende servir de patrón internacional para medir o nivel de comprensión e expresión oral e escrita nas diferentes linguas. O proxecto foi desenvolvido polo Consello de Europa segundo unha proposta feita nun congreso internacional celebrado en Suíza en novembro de 1991.