político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Mariano Rodríguez Dios nado en Rianxo e finado o 12 de novembro de 1932, foi un político galego pai de Castelao.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX Rianxo, España |
Morte | 12 de novembro de 1932 valor descoñecido |
Alcalde de Rianxo | |
1924 – 1930 | |
Alcalde de Rianxo | |
1907 – 1909 ← José Varela Abades | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político , mariño |
Lingua | Lingua galega |
Familia | |
Cónxuxe | Joaquina Castelao Genme |
Fillos | Alfonso Daniel Rodríguez Castelao |
Mariñeiro dedicado a facer velas para barcos. En 1886 emigrou a Arxentina, onde instalou con éxito un almacén de venda (pulpería) en Cruz Colorada (dentro do actual concello de Bernasconi). En 1900 regresou a Rianxo, aínda que volveu a Arxentina máis adiante, para regresar definitivamente en 1903 e, cos ingresos que acumulou, mellorou a situación económica da familia e dedicouse á política, liderando o Partido Conservador local enfrontado ao liberal dirixido por Manuel Viturro Posse. Foi alcalde de Rianxo en 1907 e novamente durante a ditadura de Primo de Rivera.
Predecesor: José Varela Abades |
Alcalde de Rianxo 1907 - 1909 |
Sucesor: Manuel Pérez García |
Predecesor: Eugenio Bermúdez González |
Alcalde de Rianxo 1924 - 1930 |
Sucesor: José Ramón Rivela Rial |
Casou con Joaquina Castelao Genme e foi pai de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Josefina e Teresa.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.