Martin Scorsese
director, guionista e produtor de cine estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Martin Marcantonio Luciano Scorsese, nado en Nova York o 17 de novembro de 1942, é un director, guionista e produtor de cine estadounidense, gañador dun Premio da Academia, tres Globos de Ouro, dous BAFTA, e do Directors Guild of America, ademais de ser un dos fundadores de World Cinema Foundation.
As obras de Scorsese abordan principalmente os temas da vida ítalo-estadounidense, e os conceptos de culpa e redención católicos romanos,[1] o machismo, e a violencia da sociedade estadounidense. Scorsese é amplamente considerado como un dos directores máis influentes da súa xeración.[2] Gañou un MFA pola súa obra como director de cine outorgado pola prestixiosa Escola de Cine de NYU, así coma o Premio da Academia como mellor director pola súa película Infiltrados, a cal tamén gañou o de mellor película na edición 79ª edición dos Premios da Academia celebrados en 2007.