Mary Pickford
actriz, produtora e empresaria canadense - estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Gladys Louise Smith, nada en Toronto (Canadá) o 8 de abril de 1892 e finada en Santa Monica (California) o 29 de maio de 1979, foi unha actriz, produtora e empresaria canadense máis coñecida como Mary Pickford. Traballou en Hollywood, gañadora do Óscar á mellor actriz en 1929 polo filme Coquette e foi unha das fundadoras de United Artists, con David Wark Griffith, Charlie Chaplin e Douglas Fairbanks.
Mary Pickford | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Mary Pickford en 1918 | |||||||
Nome completo | Gladys Louise Smith | ||||||
Alcume/outros | Mary Pickford | ||||||
Nacemento | 8 de abril de 1892 e 8 de abril de 1893 | ||||||
Lugar | Toronto | ||||||
Falecemento | 29 de maio de 1979 | ||||||
Lugar | Santa Monica | ||||||
Causa | hemorraxia cerebral | ||||||
Soterrado | Forest Lawn Memorial Park (Glendale) | ||||||
Nacionalidade | Canadá e Estados Unidos de América | ||||||
Relixión | catolicismo, Metodismo e Ciência Cristã | ||||||
Pai | John Charles Smith | ||||||
Nai | Charlotte Hennessy | ||||||
Cónxuxe(s) | Owen Moore (1911–1920) Douglas Fairbanks (1920–1936) Charles Rogers (1937–1979) | ||||||
Fillos | Ronald Charles Rogers (1937) (adoptado) Roxanne Rogers (1944-(†) 2007) (adoptada) | ||||||
Profesión | Actriz, produtora, empresaria | ||||||
Coñecido/a por | 'pequena Mary' 'a moza do cabelo dourado' 'a noiva de América' | ||||||
| |||||||
Na rede | |||||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||||||
![]() | |||||||
[ editar datos en Wikidata ] | |||||||
Foi unha das máximas figuras do cine mudo durante o período 1915-1925 como intérprete dun tipo popular de inxenua romántica e así chegou a ser a actriz máis poderosa e mellor paga nesa época. Entre o público estadounidense coñecérona como 'pequena Mary', 'a moza do cabelo dourado' e a orixinal 'noiva de América'.