María I de Hungría
From Wikipedia, the free encyclopedia
María I ou María de Anjou (latín: Maria Andegavensis, húngaro: Anjou Mária, croata: Marija Anžuvinska, croata: Maria Andegaweńska) nada arredor de 1371 e finada en Buda o 17 de maio de 1395) foi raíña de Hungría e Croacia entre 1382 e 1385 e dende 1386 ata a súa morte. Era filla de Lois I «o Grande», rei de Hungría e de Polonia, e da súa esposa Isabel de Bosnia. O matrimonio de María con Sexismundo de Luxemburgo, membro da dinastía imperial de Luxemburgo, decidírase antes do seu primeiro aniversario. Unha delegación de prelados e señores polacos confirmou o seu dereito a suceder o seu pai en Polonia en 1379.
Nome orixinal | (hu) Mária (hr) Marija |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 14 de abril de 1371 (Gregoriano) Buda, Hungría |
Morte | 17 de maio de 1395 (24 anos) Buda, Hungría |
Causa da morte | morte accidental, parto |
Lugar de sepultura | Cathedral Basilica of St. Mary (en) |
Raíña Apostólica de Hungría | |
17 de setembro de 1382 – 31 de decembro de 1385 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Polonia Hungría |
Actividade | |
Ocupación | monarca , política |
Partido político | politician before the emergence of political parties (en) |
Lingua | Lingua húngara, lingua croata, lingua polaca e lingua latina |
Outro | |
Título | Raíña rexente |
Familia | Casa de Anjou-Sicilia |
Cónxuxe | Sexismundo de Luxemburgo (1385 (Gregoriano)–) |
Fillos | N. of Luxemburg, Prince of Hungary (en) |
Pais | Lois I de Hungría e Isabel da Bósnia (pt) |
Irmáns | Catarina da Hungria (pt) e Eduvixes I de Polonia |
Cronoloxía | |
17 de setembro de 1382 (Gregoriano) | coroación (Basílica de Székesfehérvár (pt) ) |
Foi coroada «rei» de Hungría o 17 de setembro de 1382, sete días despois da morte do seu pai. Isabel de Bosnia asumiu a rexencia e eximiu os nobres polacos de xurar lealdade a María en favor da súa irmá máis nova Eduvixes, a principios de 1383. A idea dun monarca feminino foi impopular entre a nobreza húngara, xa que a maioría deles consideraban un primo non achegado de María, Carlos III de Nápoles, como o rei lexítimo. Para fortalecer a posición de María, a raíña nai quería que a súa filla casase con Lois, irmán máis novo de Carlos VI de Francia. O compromiso foi anunciado en maio de 1385.
Carlos III de Nápoles desembarcou en Dalmacia en setembro de 1385. Sexismundo de Luxemburgo invadiu a Alta Hungría, o que obrigou a raíña nai a entregarlle a María como esposa en outubro. Porén, non puideron evitar que Carlos III entrase en Buda. Despois de que María abdicase, Carlos III foi coroado rei o 31 de decembro de 1385, pero foi asesinado por incitación de Isabel de Bosnia en febreiro de 1386. María foi restaurada no trono, mais os partidarios do rei asasinado capturárona a ela e a súa nai o 25 de xullo. A raíña nai foi asasinada en xaneiro de 1387, mais María foi liberada o 4 de xuño de 1387. María permaneceu oficialmente como cogobernante xunto a Sexismundo, quen logo foi coroado rei, e a influencia da súa esposa sobre o goberno xa era mínima. María e o seu fillo prematuro morreron despois de que o seu cabalo os lanzase durante unha viaxe de caza.