McDonnell Douglas F-4 Phantom II
From Wikipedia, the free encyclopedia
O McDonnell Douglas F-4 Phantom II é un cazabombardeiro supersónico bipraza de longo alcance producido para as forzas armadas dos Estados Unidos por McDonnell Douglas. Entrou en servizo en 1960 como o primeiro interceptor moderno embarcado para a Armada dos Estados Unidos. Demostrando unha gran capacidade de adpatación tamén foi adoptado polo Corpo de Marines e pola Forza Aérea, converténdose cara mediados dos anos 60 no principal avión das súas respectivas unidades aéreas.
F-4 Phantom II | |
---|---|
Tipo | cazabombardeiro |
Fabricante | McDonnell Douglas |
Primeiro voo | 27 de maio de 1958 |
Introducido | 30 de decembro de 1960 |
Estado | activo |
Produción | 1958 - 1981 |
Unidades construídas | 5.195 |
O Phantom é un caza que pode acadar unha velocidade de Mach 2,2 e pode cargar 8.400 kg de armas en nove soportes externos, incluídos mísiles aire-aire e aire-terra e varios tipos de bombas. O F-4, ao igual que outros interceptadores da súa época, foi deseñado sen un canón interno, pero os últimos modelos incorporaron un canón rotatorio M61 Vulcan. A comezos de 1959 bateu 15 récodrs mundiais de comportamente en voo, incluídos un récord de velocidade absoluta e outro de altitude absoluta.
O F-4 foi usado extensamente durante a Guerra do Vietnam, sendo o principal caza de superioridade aérea da Mariña e da Forza Aérea estadounidense, ademais de ser un importante avión de ataque ao chan e recoñecemento nas últimas etapas da guerra. O Phantom ten a distinción de ser o derradeiro caza dos Estados Unidos que conseguiu a categoría de as no século XX. Durante a Guerra do Vietnam a USAF tivo un piloto e dous operadores de armas que conseguiron derrubar cinco cazas inimigos, e a USAF tivo un piloto e un oficial de radar que tamén o conseguiron, converténdose en ases no combate aéreo. O F-4 continuou sendo o principal caza estadounidense durante os anos 70 e 80, sendo aos poucos substituído por avións máis modernos como o F-15 Eagle e o F-16 Fighting Falcon na Forza Aérea; o Grumman F-14 Tomcat e o F/A-18 Hornet na Mariña; e o F/A-18 no Corpo de Marines.
O F-4 Phantom II continuou en servizo nos Estados Unidos como avión de recoñecemento e "Wild Weasel" (supresión das defensas aéreas inimigas) na Guerra do Golfo de 1991, sendo finalmente retirado en 1996.