Mecánica do sólido ríxido
estudo do movemento e equilibrio de sólidos materiais / From Wikipedia, the free encyclopedia
A mecánica do sólido ríxido é aquela que estuda o movemento e equilibrio de sólidos materiais ignorando as súas deformacións. Trátase dun modelo matemático útil para estudar unha parte da mecánica de sólidos, xa que todos os sólidos reais son deformábeis. Enténdese por sólido ríxido un conxunto de puntos do espazo que se moven de tal xeito que non se alteran as distancias entre eles, sexa cal for a forza actuante (matematicamente, o movemento dun sólido ríxido vén dado por un grupo uniparamétrico de isometrías).